A Casa-Museo Manuel María retoma a súa programación regular cunha andaina

por Redacción Galicia

Será este domingo pola mañá cun itinerario que partirá do adro da igrexa de Saavedra e finalizará no lugar de Barrazoso Vello, na parroquia de Gaibor

Este domingo, 1 de outubro, a Casa-Museo Manuel María retoma a súa programación regular e faino cunha andaina que sairá do adro da igrexa de Saavedra, no concello de Begonte, e finalizará no lugar de Barrazoso Vello, na parroquia, tamén begontesa, de Gaibor.

O roteiro, que comezará ás 10 horas da mañá, será dinamizado polo divulgador cultural Orlando Viveiro e ten unha distancia de cáseque sete quilómetros e unha dificultade baixa. A ruta, que segue o antigo Camiño Real, é rica en patrimonio natural e cultural e os camiñantes poderán gozar da paisaxe outoniza e dos versos de Manuel María. 

A actividade é gratuíta mais é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario