Castelao, primeiro Presidente de Galicia

por Redacción Galicia

Entidades da emigración e o exilio foron recibidos no Concello de Rianxo, como un xesto de recoñecemento a Daniel Castelao. Motiva esta visita a Rianxo o feito de seren representantes dalgunhas das entidades promotoras do Manifesto para que Castelao, pola súa condición de presidente do Consello de Galiza, sexa proclamado como primeiro presidente de Galicia.
Introduciu o acto o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López Franco, que lle deu a benvida aos asistentes, quen explicou o sentido do acto.

Chesqui deu paso ao alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, que renovou o a vontade do concello por divulgar a figura de Castelao e con el recoñecer a importancia da Galicia exterior, das persoas que forman o continxente humano da diáspora.

O cineasta galego-arxentino, Xan Leira, fixo as funcións de introducir ás diferentes representacións polas que falaron, polo Centro Betanzos, María Carmen Castro, secretaria e Bernardo Rey tesoureiro (á vez presidente do Fogar Galego para Anciáns). Diego Martínez Duro, ex presidente da Federación de Entidades Galegas, asinante do Manifsto. Polo de Corcubión, Carlos Ameixeiras, presidente. Polo Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, presidente da asinatura do Manifiesto, quen afirmou que «neste documento o que facemos é constatar unha verdade histórica inapelable, que Castelao foi o primeiro presidente de Galiza por selo do Consello. El é a cartografía que nos guía para non perdernos. En Castelao cabemos todos, só precisamos ser galegas e galegos». Tamén representante do Colegio Santiago Apóstol, José María Vila Alén, é membro do Consello de Administración da Delegación Arxentina da Fundación Galicia América, quen se refería ao sentido do Manifesto como o recoñecemento dunha verdade histórica, a constatación de que Castelao está por riba de todos nós… «en Castelao cabemos todos nós, sempre que nos sintamos galegas e galegos». Polo Centro da Estrada, interviu o seu presidente José Manuel Besteiro, que lembrou os vencellos de Castelao coa Estrada polo seu casamento con Virxinia Pereira, reafírmándose no compromiso adquirido na asinatura do Manifesto e no compromiso de fidelidade á figura do autor do «Sempre en Galiza».

O acto rematou coa intervención do voceiro do BNG, Xusto Ordóñez, quen agradeceu ás diferentes representacións o seu compromiso co país, con Rianxo e con Castelao, remomorando os vencellos da súa vila coa comunidade emigrada e co exilio. E rememorando que Castelao non só foi valorado pola comunidade galega, o seu prestixio estarricouse ata as comunidades vasca e catalana, onde aínda conserva todo o seu prestixio político e humano.
A seguir fíxose unha visita guiada polo alcalde á casa natal de Castelao, quen reiterou a vella vontade do concello por adquirir a propiedade e poñela ao servizo da veciñanza da súa vila e de Galiza, e unha ofrenda no seu monumento.

Rematando a xornada cun xantar de confraternidade no Hotel Jopi de Boiro, onde se desenvolveu unha sesión de traballo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario