Barca & Viaño. Por @DulceCorcu

por Dulce Corcu

Sempre hai que ser valente para lanzarse a un novo proxecto en calquera ámbito, e no fútbol esa máxima tamén rixe, aínda que José Barca e Diego Viaño, adestradores do recén estreado Sofán «B» non dubidaron en arriscar e emprender unha nova viaxe por unha categoría descoñecida para ambos, pero que xa transitan coa adicación que os caracteriza, sementando gran a gran para procurar unha gran colleita final.

Cun equipo que coñecen á perfección pero ao que hai que introducir na fase sénior, nunha tempada na que ademais terán grandes rivais cos que ninguén contaba coma Soneira ou Xallas, moi bregados noutras lides pero que por circunstancias acabaron nesta Terceira Galicia con pátina de Liga da Costa. Traballo e humildade sempre é a divisa deste valioso tándem que fixo historia no club e tamén na competición, con eses tres títulos en dous anos dos que poucos poden presumir, e que converteron unha xeración de xoves xogadores en absolutos triunfadores. Agora, desde abaixo de novo, Barca e Diego pelexarán por chegar ao máis alto, que non é doado pero, para eles, tampouco imposible. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario