A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública no concello de Xermade. Ten unha superficie de 90 metros cadrados e dispón de tres dormitorios, praza de garaxe e rocho
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega das chaves á persoa adxudicataria, que accede ao inmoble en réxime de alugueiro. Lembrou que as persoas interesadas en optar ás vivendas de promoción pública da Xunta deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, un trámite que pode facerse en liña ou nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.