Besteiro anticipa un adianto electoral en Galicia tralo fracaso na investidura de Núñez Feijóo 

por Redacción Galicia

. “Tralo fracaso de Núñez Feijóo, o pánico vaise apoderar do Partido Popular en Galicia, eu estou plenamente convencido. E iso lévanos previsiblemente a un adianto electoral, o cal será entendido pola cidadanía galega como unha mostra de debilidade”. Así o sinalou Gómez Besteiro trala votación deste mediodía no Congreso dos Deputados onde o líder dos populares, Alberto Núñez Feijóo, non foi quen de acadar unha maioría de apoios para a súa investidura.

O deputado socialista por Lugo, que abriu a Lexislatura defendendo o uso das linguas oficiais como o galego na Cámara, sinalou que “as figuras de Feijóo e Rueda están indisolublemente unidas e polo tanto, nese sentido, o fracaso de Feijóo é tamén o fracaso dun proxecto político que en Galicia dura máis de catorce anos”.

Besteiro foi concluínte coas implicacións en Galicia da derrota de Feijóo e o papel que pode ofrecer o seu partido, o PSdeG-PSOE, para liderar o cambio: “Estamos ante un fin de ciclo, pero ademais creo que Galicia merece moito máis”.

Comparte éste artículo
1 Comment