Guadi Galego celebra a aceptación da vida e reivindica o dereito a seguir experimentando en O.D.A

por Redacción Galicia

A creadora publicará este 29 de setembro, nas principais plataformas dixitais, o tema, producido por Iago Pico e que se acompañará dun videoclip dirixido por Inés Salvado

“Estou viva”, afirma Guadi Galego. Unha sentenza que a cantante declama e confirma no seu novo sinxelo, nomeado O.D.A. A música e compositora publicará este venres, 29 de setembro, o seu novo tema. Unha declaración de intencións e unha chamada á ousadía que se poderá escoitar, desde as 00.00 horas, nas principais plataformas dixitais, A canción, a primeira que lanza desde a publicación do seu LP Roibén (2022), conta coa produción de Iago Pico (Pouland Studios). O.D.A, ademais, acompañarase dun videoclip dirixido por Inés Salvado e que se poderá ver tamén desde este venres 29 na canle de Youtube de Guadi Galego.

Guadi Galego define O.D.A como “unha declaración de intencións sobre o concepto da madurez e a aceptación da vida, de valorar o vivido como propio e reivindicar o dereito a seguir experimentando”. Precisamente iso é parte do que fai a artista nesta nova canción, na que mantendo as súas sinais de identidade clásicas, dá cabida a novos sons como parte dese dereito a continuar crecendo. O.D.A é, como expresa na súa letra, una reivindicación da ousadía e un abrazo á diferenza que nos recorda, ao cabo, que seguimos vivas. Todo, apunta a artista, “sen desmarcarnos nunca da nosa responsabilidade propia e colectiva” e sen olvidar que “a alegría segue dentro de nós”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario