Presentada a tempada 2023 – 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

por Redacción Lugo

Celebraranse 13 concertos entre o 20 de outubro de 2023 e o 15 de maio de 2024

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Iria Castro, deputada de Cultura, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. A nova tempada contará en total con 13 concertos que se celebrarán no Círculo das Artes entre o vindeiro 20 de outubro e o 15 de maio de 2024.

Maite Ferreiro lembrou que «desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional» e engadiu «o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo».

A programación desta tempada conta con 13 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza, considerada a máis importante do estado en canto a calidade, ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario