O sábado 30 de setembro a Orquestra Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra concerto que terá lugar na Asociación Cultural y Deportiva ACDR Pardavila, sita na Avenida Ramón Nieto, gracias á colaboración do Concello de Vigo. O concerto, baixo o título «A forza dunha lingua», adícase a Francisco Fernández do Riego, homenaxeado polo Día das Letras galegas este ano, e foi adiado no mes de maio.
Ás 19 horas deste sábado actuará a sección Xuvenil, dirixida por José M. Fernández, con ameno repertorio enfocado a un público familiar.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e agora está formada por máis de 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Este concerto forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo e que comenzou co Concerto de Nadal celebrado no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o pasado mes de decembro.
O próximo concerto programado «Música clásica polas parroquias» terá lugar o sábado 21 de outubro na Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva Monte da Mina en Castrelos e correrá a cargo da Orquestra Infantil Kv2211 formada por nenos e nenas a partir dos 7 anos. O ciclo «Música polas parroquias» da Orquestra Kv2211 pretende achegar a música clásica a toda as zonas de Vigo e especialmente a familias e nenos.