A Deputación celebra o 25 aniversario da Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada

por Redacción Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este sábado aos actos de celebración do 25 aniversario da Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada (ACIMTA), que tiveron lugar no restaurante Urdi da localidade. García Porto deulle os parabéns ao colectivo e desexou que continúe coa seu importante labor para fomentar a actividade económica e social do concello.

A Deputada subliñou que a institución provincial ten precisamente como un dos eixos centrais do seu traballo colaborar co tecido asociativo, como fixo con ACIMTA para organizar o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra Raizames ou o mercadiño Petiscos de Nadal. Así mesmo, felicitou á nova directiva que se elixiu tamén este sábado

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario