Un programa de radio en directo e con público desde a antiga capela do Pilar. O movemento asociativo da Costa da Morte participará neste espazo o sábado trinta de setembro entre ás dez da mañá e a unha do mediodia. Pódese sintonizar a través de Radio Neria e tamén de Radiofusión.
Mulleres da asociación Buserana coordenarán o espazo, xunto con Toño Casais, coordenador de Radio Neira. Falarán entre outros asuntos, da contaminación de plásticos dos océanos, a partir da experiencia de Alexandre Nerium, do Museo da Pesca de Fisterra. Distintos grupos e persoas da Costa da Morte xa se sumaron á iniciativa que intenta trasladar á vida cotiá os grandes obxectivos da humanidade. Gravarán pódcasts, programas audiovisuais e formularán retos para animar a participación cidadá.
No programa deste sábado, ,escoitaremos as palabras do director xeral de Emisoras Municipales de Andalucía Paco Crespo, de María López Rovira, de RTV Cardedeu La Xarxa, Francisco Aguaza da Rede de Medios Comunitarios e Henrique Sanfiz, de Emisoras Municipais Galegas. Tamén participarán Guilleaume Buteau, coordenador do proxecto Onda Ods, Empeza por ti e Mariano Fernández de Cuac FM. Mäis de 240 medios de todo o Estado participan nesta iniciativa que pretende contribuir a paliar o cambio climático, pelexar pola eliminación da pobreza e pola igualdade de xénero. Participan Radio Fene e as Emisoras Municipais Galegas. Tratan de divulgar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Contan coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais.
Fotografía portada. Susanna Cabiscol (Na imaxe, Toño Casais, coordenador de Radio Neria)