59 entidades deportivas de Galicia reciben axudas para a construción e mellora das súas instalacións

por Redacción Deportes

As entidades deportivas de Pontevedra son as más beneficiadas cun total de 22 clubs e un investimento de más de medio millón de euros; A Coruña reparte 430.000 euros para 21 entidades; Lugo 308.000 euros para 14 entidades e Ourense 50.000 euros para dúas entidades deportivas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 25 de setembro de 2023 das solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 para a concesión de subvencións dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas. En total serán 59 entidades deportivas galegas as que se beneficiarán dun investimento total de 1,3 millóns de euros que será financiado entre 2023 e 2024.

No caso da provincia da Coruña son 21 as entidades beneficiarias que se reparten un total de máis de 430.000 euros (430.419,83 euros). Máis polo miúdo as entidades que acadaron a subvención foron: Diver Patín Club Deportivo (24.000 euros) para adecuación ou mellora das súas instalacións; Real Sociedad Deportiva Hípica A Coruña (24.304,29 euros) para a reforma das pistas de tenis; Real Club Náutico Portosín (25.000 euros) para a reforma integral da pista de pádel; Club de Tenis Redes (25.000 euros) para a construción de pistas de tenis; Club Náutico Firrete de Pontedume (15.673,31 euros) para a mellora e reparación do cerramento do edificio; Real Aéreo Club de Santiago (25.000 euros) para a mellora da impermeabilización da cuberta; Club Piragüismo Rías Baixas (25.000 euros) para a reforma e mellora da sede do club de piragüismo; Club Ría de Betanzos (6.400 euros) para a mellora de instalacións deportivas; Agrupación de Montañeros Independentes (25.000 euros) para reforma e reparación; Club San Tirso SD (24.809,48 euros) para a reparación, adecuación e mellora da instalación; Club Zona Pádel (23.851,52 euros) para o cambio de céspede das pistas de pádel; Ximnasia Coruña (15.947,20 euros) para cambio de pranchas de teito instalación e reparación de canlón; Hércules Club del Golf E.D. (25.000 euros) para reforma, reparación e mellora; Dobok Escola de Taekwondo (25.000 euros) para reforma do local e illamento do teito; Sociedade de Montaña Ártabros (25.000 euros) para reforma e adecuación de instalacións deportivas; Club Náutico de Sada (20.000 euros) para a mellora da fachada do edificio social; Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón (25.000 euros) para a climatización da sala de tenis de mesa no local social; Club Ximnasio Fibra (6.316,43 euros) para o arranxo da fachada principal e porta de acceso; Club Deportivo Rosalía de Vilaboa (14.277,60 euros) para cambio de focos por led no campo Juan Sabín; Club Remo Cabo de Cruz (25.000 euros) para mellora da instalación; e Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra (4.840 euros) para tarima, baixo tatami, espellos e pintura.

Na provincia lucense foron 14 entidades deportivas as que accederon a un investimento total de máis de 308.000 euros (308.527,46 euros). En concreto, estas entidades foron: Club Fluvial de Lugo (25.000 euros) para un circuíto deportivo con obstáculos; Racing Club Vilalbés (24.927,06 euros) para a reforma de aseos do Estadio Roca; Club Gravitty (25.000 euros) para obras de adecuación e mellora interior da edificación; Real Club Náutico de Ribadeo (25.000 euros) para melloras na instalación; Iberia Club de Fútbol (25.000 euros) para reforma e reparación; Club de Tiro Olímpico San Juan (15.270,12 euros) para melloras eléctricas, de telecomunicacións, seguridade e infraestruturas; Club Sociedade Deportiva Muimenta (25.000 euros) para cerramento de valado no campo de fútbol O Pichón; Club Deportivo Santaballés (25.000 euros) para mellora de instalacións deportivas; Club de Tiro Olímpico Cabe (25.000 euros) para reparación, reforma e mellora de instalacións; Club Taekwondo Neka de Monforte (11.917,08 euros) para mellora do ximnasio Neka; Club Asociación Deportiva Catro Roldas (19.458,36 euros) para mellora de instalacións deportivas; Club Hípico La Cruz (25.000 euros) para sistema de rego e arranxo de pistas; e Free Dojo (11.954,84 euros) para reforma e equipamento do centro deportivo.

No caso de Ourense dúas entidades recibiron 50.000 euros. Padel Prix recibiu 25.000 euros para a remodelación das pistas de tenis exteriores, mentres que Asociación Deportiva Bosco Ourense foi beneficiaria doutros 25.000 euros para a renovación do campo de fútbol de herba artificial.

A provincia de Pontevedra conta con 22 clubs beneficiados e cun orzamento global superior ao medio millón de euros (504.128, 10 euros). As entidades que reciben axuda para mellorar as súas instalacións son o Real Club Náutico de Vigo (25.000 euros) para a reforma da piscina; Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo (25.000 euros) para a conexión da rede de saneamento; Sociedade Deportiva Samertolameu (25.000 euros) para a adecuación e reforma de instalacións; Club de Campo de Vigo (25.000 euros) para reforma e adecuación; Club de Tenis Pontevedra (25.000 euros) para a reforma das pistas de tenis e vestiarios; Club de Piragüismo As Torres de Catoira (11.058,43 euros) para construción dunha marquesiña; Alondras Club de Fútbol (9.438 euros) para a colocación e subministración de teitos desmontables; Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida (25.000 euros) para construción e mellora; Pontevedra CF SAD (25.000 euros) para a reposición do céspede do estadio de Pasarón; Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo (11.817,54 euros) para reparación de pavimentos; Liceo Marítimo de Bouzas (25.000 euros) para a reforma da escola de vela, caseta e aula teórica; Club Tenis O Rial (25.000 euros) para reparación de instalacións deportivas; Club Deportivo Sei SN (25.000 euros) para a colocación na pista de parqué pavillón San Narciso; Club de Tenis Codesal (25.000 euros) para a reparación de pistas de tenis; Club Deportivo Valladares de Vigo (25.000 euros) para mellora e reforma de instalacións deportivas; Club Marítimo de Canido (25.000 euros) para reestruturación parcial e ampliación do CM Canido; Asociación Cultural Deportiva Vilanova (25.000 euros) para a reparación de tarima, bancadas e valado protector; Club de Fútbol San Miguel (23.500,70 euros) para a reforma de fachadas e zonas de vestiarios e oficina; Federación Galega de Bolos (24.553,32 euros) para a construción dun campo de xogo; Club San José de la Guía (25.000 euros) para a reparación integral da cuberta do pavillón; Club Rápido Bahía de Aldán (24.366,51 euros) para reforma de edificación destinada a vestiarios; e Club Hípico Equigalia (24.393,60 euros) para pista de rego con fluxo e refluxo.

22 millóns para infraestruturas deportivas

O Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros.

Dentro deste orzamento para infraestruturas destacan dúas novas ordes de instalacións deportivas, unha para concellos e outra para entidades deportivas. No pasado mes de xullo, a Xunta de Galicia repartía 6 millóns de euros entre 148 concellos a tenor da Orde para a concesión de subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. Esta orde, tivo unha segunda convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir as solicitudes rexeitadas por esgotamento de crédito e outras novas peticións e será resolta nos vindeiros días. Por outra banda, hai que sumar esta orde de 1,3 millóns para instalacións de entidades deportivas que vén de ser resolta.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario