BFFood busca solucións innovadoras de emprendemento para os retos do sector alimentario

por Redacción Galicia

Impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada por Clusaga, a aceleradora vertical do sector alimentario vén de abrir o proceso de selección para formar parte da súa VI Edición

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), vén de abrir o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa VI Edición. O proceso de recepción de candidaturas pechará o 15 de novembro ás14.00 horas.

Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse ata 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais coma internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria galega. BFFood ten impulsado, ao longo das súas cinco edicións previas, BFFood ten impulsado 61 proxectos das 288 candidaturas recibidas, tanto desde España coma desde fóra do continente europeo. Nesta nova edición escollerá ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración e ata seis para o de consolidación.

Demoday da IV Edición e Infoday da VI Edición

Para presentar os resultados obtidos polos 13 proxectos impulsados na súa cuarta edición, e para dar a coñecer os beneficios de participar na sexta, BFFood, a través de Clusaga e FEUGA, organiza o IV Demoday e VI Infoday o vindeiro 10 de outubro no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela). O evento, que dará comezo ás 9.30 horas, servirá para recapitular os logros acadados polos proxectos da IV Edición, afondar nas oportunidades que supón ser parte da VI Edición, facer networking e abordar desde distintas perspectivas a innovación, o emprendemento e os futuros retos do sector alimentario.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario