Castroverde será a IV xornada viaxeira do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa con Guido Guía

por Redacción Galicia

Despois do gran éxito da apertura en Friol (135 participantes), da boa acollida da segunda experiencia en Guntín (máis de 100 participantes) e das altas expectativas que temos na terceira xornada que terá lugar o 14 de outubro en Antas de Ulla, onte tivo lugar en Castroverde a presentación da cuarta xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”

Pilar Ferreiro Villar (concelleira de cultura e deporte do Concello de Castroverde), Lorena López Cedrón (xerente do GDR 4 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terrras da Ulloa), e Guido Álvarez Parga (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado 2 de decembro no que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

Guido Guía

Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) é un turismólogo, profesor universitario (no Grao de Turismo da UNED en Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios “Lucenses do ano 2020”, co Travelers Choice da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.

A inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000

Comparte éste artículo
1 Comment