Xuventudes Socialistas: “Rueda debe tomarse unha ‘caña’ de realidade co estudantado”

por Redacción Galicia

Iago Carril, secretario xeral local, recalcou que “os estudantes non queremos que a educación universitaria sexa un luxo, que se nos remunere as prácticas e que unha materia suspensa non sexa un agravio para as familias”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) estiveron esta mañá na praza Roxa de Santiago, pechando a súa campaña “Revolta nas aulas” na que propoñen unha serie de iniciativas para mellor o sistema educativo. Estiveron acompañados do voceiro do grupo municipal, Gonzalo Muíños.

Entre as medidas destacan a primeira matrícula gratuíta na universidade, financiación completa do comedor escolar, paralización do desmantelamento da FP presencial, melloras na conectividade online e transporte…

Iago Carril, secretario xeral local, recalcou que “os estudantes non queremos que a educación universitaria sexa un luxo, que se nos remunere as prácticas e que unha materia suspensa non sexa un agravio para as familia.

A organización lembra que Santiago destaca pola presenza universitaria bastante condicionada pola inaccesibilidade a un aluguer en condicións vivas.

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “ás portas do Debate do Estado da Autonomía, pechamos unha campaña con ideas e propostas para mellorar o sistema educativo, ante un Rueda que xa está pensando en salvar o seu asento na Xunta”.

O líder animou ao Presidente a “ser valente e deixar as cañas coas amizades e tomarse unhas cañas cos estudantes de FP aos que lles recorta a docencia presencial, ou cos pais e nais que ven como sube o prezo do comedor e incluso cos universitarios que viven o curso máis caro da historia”.

Gonzalo Muíños, voceiro municipal, criticou o “constate non de Rueda a Santiago e a súa mocidade, con ferramentas tan importantes como a Escola de Idiomas ou o Conservatorio de Danza”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario