O PP propón dignificar a entrada a cidade de Lugo polo barrio Fervedoira, na estrada de Vegadeo

  • Os populares lamentan que este acceso á cidade siga igual que no século pasado lamentando “o abandono por parte do concello, que é titular desta vía dende 2011” criticando que  “nin invista para mellorar esta entrada a Lugo, nin tampouco a manteña en boas condicións”
  • Como actuacións inmediatas dende o PP e co ánimo de garantir a seguridade das persoas que circulan a pé e dos condutores que utilizan esta entrada a Lugo, propoñen:
  • Construción de beirrrúas nas zonas nas que sexa posible
  • Renovación das luminarias xa que a iluminación é escasa
  • Colocación de sinais cinexéticas xa que neste tramo se produciron algúns accidentes de atropelos de corzos e xabaríns
  • Mecanismos para redución de velocidade
  • Mellora dos autobuses, con escasas frecuencias e horarios que non se adaptan ás necesidades
  • Maior presenza  dado que se trata de zonas consideradas como puntos quentes das okupacións xa que hai varios inmobles deshabitados.
  • Desbroces máis periódicos para evitar que a maleza tape sinais ou que o firme o cubra a vexetación

Esta vía é titularidade municipal a raíz dun convenio asinado no ano 2004 polo Alcalde de Lugo e a Ministra de Fomento Magdalena Álvarez e, posteriormente, a cesión feita oficial en marzo de 2011, mediante unha acta firmada polo Alcalde e polo Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios