«Está ben vir a Lugo para gozar do San Froilán, pero o que non podemos permitir é que se veña a enganar aos lucenses», afirman os populares
- Cualifican de «escándalo» as declaracións respecto da A-54 e esixen «máis respecto pola nosa provincia que, lamentablemente é a máis illada de Galicia e mesmo de España por culpa única e exclusivamente do Goberno que o BNG apoiou e que, de seguro, volverá a apoiar a cambio de nada»
- Alertan de que, logo de coñecer o contido da reunión do tamén lucense Néstor Rego co candidato socialista, «tanto o anterior acordo de investidura coma o que posiblemente se produza nas vindeiras semanas serán dous cheques en branco para os galegos e os lucenses»