Bewis de la Rosa, creadora do rap rural e feminista, chega este sábado á Sala Capitol

por Redacción Galicia

O concerto terá a como artistas convidadas ás artistas galegas Catuxa Salom, O Rabelo e Itxi Guerra

A xira da conquense Bewis de la Rosa, un dos proxectos musicais máis rachadores do ano, chega este sábado 14 de outubro á Sala Capitol de Santiago de Compostela. O concertó terá lugar dentro do ciclo «Suseia et Ultreia» e será a única parada en Galicia da xira de presentación do seu primeor disco «Amor más que nunca».

Artista interdisciplinar, bailarina, actriz, coreógrafa e investigadora no ámbito da danza e do teatro físico, Bewis de la Rosa atreveuse a dar o salto á música, creando o concepto de rap rural, mesturando a cultura hip-hop coas coplas populares que aprendeu das súas avoas. Os eixos conceptuais das súas letras son o amor, cunha perspetiva crítica sobre o amor romántico e a proposta de novas formas de emocións non monógamas, e o mundo rural. As cancións e o xeito de estar no mundo de Bewis de la Rosa parten dun pensamento crítico que inclúe o transfeminismo e a reflexión sobre o decrecemento, as feridas históricas e a saúde mental.

A súa música ten claras referencias á tradición follklórica castelá, con elementos de rap, hip-hop e latin e nas súas actuacións mestura tamén danza e performance. A artista adoita reinvidicar sen complexos nos seus concertos o legado das mulleres que a precederon, reproducindo no escenario un tendedeiro de bragas tipo faixa colgadas ao sol.

Para a súa presentación na Sala Capitol, De la Rosa estará acompañada das artistas galegas Catuxa Salom e o Rabelo e da escritora e activista LGTBI Itxi Guerra.

A artista actuará na Sala Capitol no marco de «Suseia et Ultreia», un ciclo de concertos patrocinado pola Xunta de Galicia, cuxo eixo central é celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas e favorecer o entendemento a solidariedade para garantir a xustiza social. O criterio de selección de artistas quere propiciar escenarios abertos ao diálogo a través de novas propostas musicais e homenaxear ás culturas e aos lugares de orixe dos pelegríns a Compostela.

As entradas para o concerto de Bewis de la Rosa na Sala Capitol de Santiago de Compostela, o vindeiro sábado 14 de outubro ás 21,30 horas, están á venda na plataforma www.enterticket.es

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario