GMPP Lugo reclama que se considere a solución técnica consensuada coa veciñanza hai 2 meses para facilitar a accesibilidade  dun edificio do Sagrado Corazón

por Redacción Lugo

O concelleiro popular Ramón Cabarcos pide que se aborden alternativas para eliminar as barreiras arquitectónicas dun vial do barrio, e que afectan ao día a día de 21 familias, de forma paralela ás negociacións que se están levando a cabo para dar un novo uso ao vello colexio.

        Pedimos ao goberno local que considere a solución técnica que presentamos o pasado mes de xuño para resolver o problema de accesibilidade dun edificio situado no vial que comunica as rúas do Sagrado Corazón con Fontaneira onde residen 21 familias

·        Esta rúa que presenta varias barreiras arquitectónicas linda coa pista polideportiva do antigo colexio do barrio e dado que o goberno local está a negociar a permuta de parcelas coa entidade bancaria propietaria das instalacións é o momento de prever unha alternativa para eliminar os problemas de accesibilidade que hai neste paso

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario