O portavoz do BNG afirmou que «a Avenida de Breogán conta actualmente con bastante espazo de estacionamento mentres que Fontiñas precisa de ampliar o número de prazas dispoñibles».
O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou, ante as declaracións da presidenta da Asociación de San Antonio, que o BNG non se opón á construcción do aparcadoiro da Avenida Breogán, «mais entendemos que, cando a Xunta anunciou 1 millón de euros para a construcción dun aparcadoiro en cada cidade, o máis preciso era que esta infraestructura fose a Fontiñas», explicou. O Portavoz do BNG destacou que «a prioridade á hora de investir o diñeiro público ten que ser mellorar as zonas que máis o precisan, e actualmente a zona de Casás non ten os mesmos problemas de estacionamento que se poden ver en Fontiñas».
Arroxo afirmou que «desde que coñecemos as problemáticas que esta obra estaba a crear nas veciñas e veciños, desde o BNG mantivemos múltiples xuntanzas coas veciñas e veciños afectados e reclamamos á Xunta que amañase a drenaxe desta nova infraestrutura», e convidou á presidenta da Asociación de San Antonio a que se reuna coas veciñas e veciñas do barrio para coñecer de primeira man as problemáticas «tal e como levamos facendo meses desde o BNG».
Queremos pensar que a defensa deste parking, a pesar dos problemas, non está relacionado con que a presidenta desta asociación teña apoiado en múltiples ocasións ao Partido Popular, dado que a prioridade debe ser a veciñanza do barrio.
A obra executada deixou os verquidos de augas directamente cara a un dos principais accesos ao barrio de Casás, o que impide que as veciñas e veciños poidan acceder ás súas vivendas especialmente en días de choiva. O BNG trasladou esta problemática ao Parlamento Galego a través da deputada Montse Valcárcel, onde reclamou «unha solución máis axeitada para o tratamento das augas pluviais» ante «un gasto de 1,2 millóns de euros que perxudica ás veciñas e veciños desta zona periurbana da cidade
de Lugo». O BNG considerou «unha boa noticia» que a Xunta anunciase, en outubro de 2024, que ía solucionar esta situación.