Canastras en mal estado e portería de futbol precintadas, problemas de seguridade vial na contorna dos centros; peticións de maior vixilancia policial e demanda para renovación de alicatados, pintura e desratizacións son as principais demandas.
- As cuestións de falta de mantemento, de melloras de seguridade vial na contorna dos colexios así como unha maior presenza policial son unha queixa común dos equipos directivos dos cinco centros educativos que visitou esta semana o Grupo Municipal do Partido Popular dentro da rolda de contactos que vai manter cos directores dos CEIPs de Lugo e institutos.
- Os directores reclaman unha escoita activa por parte do bigoberno xa que “os compromisos que se adquiren de palabra non se chegan a materializan” e nese senso Javier Vázquez reclama que se convoque de forma urxente o Consello Escolar Municipal para tratar as cuestións pendentes así como abordar outras problemáticas que plantexan os equipos directivos.
- No informe de peticións que o PP vai trasladar ao equipo de goberno figuran cuestións tan chamativas como no colexio de Albeiros os escolares non poden utilizar elementos de xogo como porterías (as 2 que hai na zona de xogo descuberto que están precintadas) ou o mal estado das canastas de baloncesto.
- No colexio Quiroga Ballesteros seguen agardando pola rampa de acceso na entrada principal para aliviar as molestias das obras de peonalización que se acomenten ao pé do colexio.
- No Colexio de As Gándaras hai unha vella demanda que afecta á seguridade viaria dos seu alumnado que é a construción dunha beirarrúa xa que os cativos e os pais que van ao centro vense obrigados a ir pola pola calzada. Hai que subliñar que o goberno local chegou a presupostar 60.000 euros para facer as melloras da accesibilidade
- Hai colexios nos que están moi preocupados pola seguridade xa que zonas nas que fixeron ampliacións carecen de dispositivos de vixilancia e xa lles entraron no interior durante o verán.
- Na Anexa hai varias demandas relativas co mantemento: pintura das aulas, desinfección e desrratización …