O PP di que “a colocación de ramplas no Miño” é a confirmación de que o goberno local rectifica e se desmarca do proxecto da praia fluvial

por Redacción Lugo

O anuncio de hoxe da alcaldesa coincide cun ano dende que a Unesco emitiu un demoledor informe contrario á intervención que o PSOE defendeu dende 2016

  • Os populares lembran como en febreiro, socialistas e nacionalistas votaron en contra dunha iniciativa de autoría do PP para que Xunta, CHMS e Concello traballasen de forma conxunta para dotar a Lugo dun espazo de baño público e buscar a alternativa máis viable para que a cidade dispuxera dun lugar de baño no Miño
  • Os populares ven na proposta que vén de anunciar a alcaldesa de Lugo,  de colocar dúas rampas  para facilitar o baño no río, como “un recoñecemento explícito da socialista de que renuncia a un proxecto que o PSOE que levaba dende o ano 2016 defendendo”
  • Os populares insisten en que “a día de hoxe descoñecemos os motivos do atraso á hora de tomar esta decisión lembrando como, recentemente, nun pleno incluso chegaron a ameazar con que levarían á Xunta de Galicia ao xulgado por esta cuestión”.
  • Para os populares a intervención que agora poñen riba da mesa é a confirmación de que “aparcan a idea de colocar plataformas no Miño, que xa teñen compradas e almacenadas nunha nave do Corgo,  porque saben que é irrealizable que se autorice tal e como lles advertía un informe da UNESCO emitido en xuño de 2023.
  • O Comité Científico Español emitiu un ditame rotundo e desfavorable  á intervención que o goberno local pretendía levar a cabo nesta zona da Tolda de Lugo.

SEGURIDADE DOS BAÑISTAS

  • Dende o PP explican que diante deste novo contexto malia que parece que “tiveron en conta as recomendacións dende o punto de vista medio ambiental, quedan outros aspectos preocupantes, non porque o diga o PP senón que o advirte o informe da UNESCO”
  • Hai que lembrar que se apuntaba que a localización, que se vai manter segundo se comunicou hoxe, non é a idónea ao supoñer un lugar inseguro para os bañistas, debido ao pouco calado que hai.

ENTENDEMENTO ENTRE ADMINISTRACIÓNS

  • Dende o Grupo Municipal do Partido Popular pedimos “entendemento e implicación de todas as administracións (Concello, Xunta e Confederación Hidrográfica Miño Sil) para que os lucenses teñan unha zona de baño pública no Miño o máis axiña posible” e reivindicamos “que sexa un espazo seguro e respectuoso co medio ambiente”
Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario