O BNG de Lugo chama a “participar masivamente” na manifestación do 25 de xullo, Día da Patria Galega

por Redacción Lugo

O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que o BNG «sempre pon por diante os intereses das galegas e galegos»

O BNG de Lugo chamou á veciñanza a participar na manifestación do día da Patria Galega o vindeiro 25 de xullo en Compostela. O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, explicou que o día da Patria celebra «unha data especial para as e os nacionalistas, e para o conxunto da cidadanía galega, por ser a data que as Irmandades da Fala escolleron para celebrar o feito de que a Galiza é unha nación: cunha lingua e cunha cultura propias.

Mais, a organización nacionalista entende que, ademais de ser un día de festexo tamén é un día de reivindicación. «Defendemos unha Galiza máis igualitaria, máis forte, próspera e libre, especialmente neste contexto de crise social na que precisamos avanzar para e gañarmos o futuro» destacou Arroxo, que chamou a confiar nas propias capacidades que ten o País e a aspirar a un maior autogoberno, con capacidade para defender os intereses da Galiza e mellorar a vida dos galegos e galegas.

Arroxo considera probado que o BNG é a «única forza política que, de forma permanente, antepón os intereses dos galegos e galegas diante de calquera outra cousa». Arroxo afirmou que é preciso «o BNG traballará sempre para defender os intereses da Galiza».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario