Xornada de formación en Hostalaría Compostela

A sede de Hostalería Compostela foi onte escenario dun showcooking a cargo do coñecido chef Alejandro Méndez, de Os Cachivaches de Lugo, organizado pola firma de embutidos Montepicato, para presentar as posibilidades dos seus produtos na cociña, e que estiveron acompañados polos queixos o cooperativa Campo Campela e os viños da adega EDV.

A acción, enmarcada no obxectivo da asociación de dar a coñecer produtos e elaboracións que resulten de interese para o sector da hostalería, tivo unha gran acollida entre os profesionais asociados, que gozaron dunha xornada de formación na que tamén intercambiaron impresións sobre os diferentes produtos presentados.
Croquetas, empanadillas, tostas de lacón e quixo, tostas de queixo e chistorra, e arroz con secreto foron algunhas das propostas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios