O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, achegáronse ata o novo espazo perinatal do Cemiterio Municipal. Coincidindo coa celebracion do Día Internacional do Dó Perinatal, a concelleira Cristina López destacou a importancia deste novo espazo habilitado no Cemiterio de Lugo. «Lugo pioneiro na Galiza e un dos poucos cemiterios de todo o estado que contan cun espazo para que as familias teñan un espazo onde pasar a dor en caso de pasar por unha morte xestacional ou perinatal».
O Goberno de Lugo puxo en marcha este espazo co obxectivo de «axudar ao o entorno familiar no proceso de superación do dó perinatal». As persoas que perderan fillos durante a xestación ou ao pouco de nacer contan xa cun espazo específico no Cemiterio de Lugo, dando visibilidade a un tipo de dó moi presente na sociedade, mais que continúa a estar moi silenciado.
A área de Participación elaborou tamén unha exposición en colaboración co Colexio de Enfermaría, que nestes días se pode visitar no HULA.
A Tenencia de Alcaldía habilitou este novo espazo no 75 aniversario do Cemiterio Municipal de San Froilán. A edil de Participación destacou a a versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo.
Cristina López. «O espazo perinatal do Cemiterio Municipal de Lugo, pioneiro nos cemiterios galegos»
No hay comentarios
No hay comentarios