Exposición de Xulio Gil “Retratos dun tempo da Plástica Galega». Afundación Vigo

por Redacción Vigo

Un proxecto de retratos fotográficos de Xulio Gil, para homenaxear aos creadores galegos contemporáneos. A exposición poderá visitarse ata o día 11 de novembro na Sede Afundación de Vigo Policarpo Sanz.

Unha idea que nace en 1988 con motivo da exposición “ANTROPOLÓXICAS”, promovida por Enrique Acuña no Museo de Pontevedra. Máis tarde foi continuada con motivo da realización das fotos para a colección Artistas Galegos, dirixida por Antón Pulido, propoñéndo facer un retrato de autor ao final da obra. Desde aí, foi sumando fotos de artistas cos que coincide, na procura de completar aquela idea. Esta é a base dunha colección que foi brotando no tempo, e que queda agora finalizada, pechando o concepto para a súa exhibición pública.
Mirar para coñecer, e facelo desde as creacións de Xulio Gil, cunha mirada fascinante, que incorpora na visita unha cartela que mostra unha peza artística de cada un dos retratados para a súa contextualización.
A exposición comisariada por Javier Limia, conta con 97 retratos, e editarase un cuidado catálogo.
Artistas retratados entre outros moitos.
Isaac Díaz Pardo, Antonio Quesada, Laxeiro, Colmeiro, Xaime Quessada, Elena Gago, Leopoldo Nóvoa, Antón Pulido, Manuel Ayaso, Antón Sobral, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Rosalía Pazó, Diego de Giráldez, Xosé Lodeiro, Elena Colmeiro, Caruncho, Yolanda Carbajales, María Xesús Díaz, Xosé Luis Otero, Ruth Lodeiro…

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario