Este mércores 25 de outubro ás 12 horas do mediodía, un grupo de activistas do Equipo de Relacións Institucionais de Amnistía Internacional Galicia xunto con representantes do Grupo de Santiago escenificarán fronte a Consellería de Sanidade, sita no Complexo Administrativo de San Lázaro de Santiago de Compostela, a entrega de máis de 400.000 sinaturas recollidas en todo o país pola organización para reclamar que os gobernos autonómicos adiquen un 25% do gasto a Atención Primaria, tal e como recomenda a OMS.
Esta delegación dos activistas galegos de Amnistía Internacional concentrarase diante da Consellería de Sanidade para esixir que o executivo da Xunta adique, alomenos, un 25% do orzamento sanitario á Atención Primaria.
É preciso recordar que a Xunta de Galicia é o segundo goberno autonómico que menos porcentaxe de gasto deste tipo, cun 11,79% no 2021 e só por diante da Comunidade de Madrid. Este dato atópanse lonxe do 14,46% de media nacional e aínda máis afastado do 25% recomendado pola OMS.
Por todo elo, o Equipo de Aminstía Internacional Galicia convoca aos medios para escenificar esta entrega de 400.000 sinaturas o mércores 25 de outubro ás 12 do mediodía diante do edificio da Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela. Tras o acto, a voceira de Amnistía Internacional en Galicia, Felicia Estévez, realizará unhas declaracións para os medios de comunicación presentes