A iniciativa que defenderá en pleno propón actuar en 3 eixos “redeseño vías, mantemento e analise de sumidoiros plantexando a posibilidade de modificacións de tamaños, formas, número de elementos e mesmo tipoloxía”
O PP pide un plan de acción para paliar os problemas de mobilidade provocados por inundacións cando hai precipitacións fortes en determinados puntos negros do municipio.
Os contratempos xerados polos efectos das chuvieras xeran dificultade ou impedimento nos desprazamentos da veciñanza así como bloqueos de accesos a edificacións públicas ou privadas.
O concelleiro popular Ramón Cabarcos advirte que as intervencións urbanas que se están realizando no municipio supoñen un agravante xa que ao aumentar a superficie e o perímetro urbano hai máis zonas expostas e tamén as recentes intervencións no centro da cidade incrementan a impermeabilidade da superficie.
Ademáis de solicitar un mapa no que se sinalicen os puntos negros do municipio a iniciativa dos populares propón actuar en tres eixes:
- Analizar o deseño dos puntos negros onde se detectan as inundacións para estudar se é preciso ou redeseño das vías afectadas.
- Estudo dos elementos de drenaxe, plantexando a posibilidade de modificacións de tamaños, formas, número de elementos e mesmo tipoloxía.
- Plan de mantemento periódico do drenaxe superficial reforzando os puntos críticos e cando haxa previsión meteorolóxica de grandes precipitacións ou tormentas, levar a cabo una revisión e reforzo da limpeza dos sumidoiros nos puntos críticos detectados.