Festa de Samaín para a mocidade en Carballo

Sesión musical con dj, cócteles sen alcohol, obradoiro de maquillaxe de caracterización… e máis!

Se tes de 12 a 16 anos, este 1 de novembro vas pasar moito medo. A Concellaría de Mocidade de Carballo organiza unha festa de Samaín para adolescentes na que contará cos ingredientes necesarios para gozar coma nunca do día festivo: sesión musical con dj, cócteles sen alcohol, obradoiro de maquillaxe de caracterización, posadoiro e mesmo un castañeiro!

Despois da boa acollida que tivo o campus urbano para adolescentes, e recollendo unha das ideas que xurdiu desa experiencia, a Concellaría de Mocidade propón unha festa terrorífica. Celebrarase de 19.00 a 21.30 horas na planta alta do mercado municipal, e hai 100 prazas, e todo de balde!

Como aínda es menor de idade, pide na casa que te inscriban, ou ben enviando un correo cos teus datos a info@totemgestion.com ou ben cunha mensaxe de Whatsapp ao 604 048 341. Ídelo pasar de medo!

Comparte éste artículo
No hay comentarios