O PP defenderá no pleno que a Deputación dea soporte aos concellos para que poidan cumprir coas obrigas establecidas na Lei de Benestar Animal 

Os deputados populares iniciaron unha ronda de contactos con representantes dos municipios lucenses, trala entrada en vigor desta lei, para coñecer as inquedanzas dos alcaldes xa que esta normativa atribúe numerosas competencias aos concellos, «a maior parte delas inasumibles por falta de medios técnicos e económicos»

Dende o Grupo Provincial popular inciden en que a Deputación debe facilitar axuda aos municipios por dous motivos, porque unha das súas funcións é a colaboración cos concellos da provincia e porque a lei da capacidade ao ente provincial a actuar e é o que ten que facer

·      Antonio Ameijide advirte que o Goberno central debería consignar, anualmente, dentro dos Orzamentos Xerais do Estado as partidas económicas necesarias que permitan garantir a prestación destes servizos por parte das entidades locais, en lugar de impoñer obrigas e desentenderse de se os municipios poden asumilas ou non

·      O voceiro popular pide ao goberno provincial que siga os exemplos dos seus homólogos de Pontevedra e Ourense que, dende hai máis dunha década, prestan axuda aos municipios das súas provincias facilitando instalacións, materiais e persoal para a xestión destas competencias

Comparte éste artículo
No hay comentarios