Elena Candia propón o edificio de Obras Públicas para albergar a Comisaría da Policía Nacional en Lugo

por Redacción Lugo

A alternativa que presenta o PP para que a Policía Nacional de Lugo teña unha infraestructura espaciosa e moderna «é máis sostible xa que usa de maneira eficiente un inmoble xa construído e cumpre co compromiso dado á veciñanza de deixar esta dotación na contorna do barrio»

A voceira popular enumeraba as razóns polas que consideran que a ubicación desta infraestructura, nun edificio situados a 50 metros, do que hai a rúa Chantada é a óptima: “é unha proposta máis sostible que a de construír unha nova edificación, cumprimos a palabra dada de que esta dotación quede na contorna do barrio da Residencia e, por último, permite rescatar os fondos consignados para investir en melloras da actual comisaría da rúa Chantada”.

Cesión de 2 andares ao Estado

Os populares explicaron que  “para que se poida transformar o edificio enteiro na nova comisaría da Policía Nacional habería que chegar a acordos e implicar tanto  á administración autonómica como ao goberno central” asegurando que fará todo o que estea na súa man para impulsar esta proposta xa que “creo na política últil que trascende aos plantexamentos partidistas”.

Por un lado sería preciso que a Xunta que ceda ao Estado dous pisos do edificio de Obras Públicas da Ronda da Muralla e que son da súa propiedade (o 4º e o 5º andar cunha superficie de 160 e 546,67m2 respectivamente) e que dende hai anos están baleiros e sen previsión de uso.

Pola súa banda o goberno central tería que trasladar as oficinas da Confederación Hidrográfica, Costas e Obras Públicas ao edificio onde hoxe está á Comisaría da Policía Nacional na rúa Chantada.

Comparte éste artículo
1 Comment