O PSOE de Oleiros presentará alegacións aos Orzamentos da Xunta para “evitar que a política de confrontación do alcalde repercuta de novo no peto dos veciños”

por Redacción A Coruña

O Grupo Municipal Socialista en Oleiros, tras analizar o Orzamento da Xunta de Galicia para o 2024 en Oleiros, e ver que non contempla as inversións precisas no noso Concello, presentará alegacións a través dos membros socialistas do Parlamento de Galicia. Dende o Grupo Municipal Socialista de Oleiros creemos no respecto institucional e no rigor na nosa acción como representantes dos nosos cidadáns e por iso damos este novo paso

Dende o Grupo Municipal Socialista manifestamos a nosa preocupación polas nefastas consecuencias para a cidadanía de Oleiros da política de enfrontamento do Alcalde e do Goberno municipal con outras administracións.

Esta política de polémicas e broncas coas institución, de sentencias que lle din que «se pasa de freada» como a recente do cartel co atropello dunha conselleira, está a provocar que a Xunta de Galicia desatenda as súas obrigas cos veciños e veciñas de Oleiros, deixando baleiro o orzamento de investimentos de Oleiros.

Para evitar isto dende o Grupo Municipal Socialista imos facer o noso traballo, como o estamos a facer dende que en maio nos elixiron os veciños, con rigor e esixencia tanto ao Concello como á Xunta. Imos presentar enmendas a uns orzamentos da Xunta que castigan aos veciños de Oleiros, e farémolo a través dos deputados do PSdeG no Parlamento autonómico.

A través destas alegacións aos orzamentos da Xunta para 2024 queremos que que recollan a Oleiros como merecen os seus veciños. Estas alegacións, por importe total superior a 15.000.000 euros, diríxense a:

·       Inversión para rematar a Vía Ártabra e mellorar as conexión de Oleiros ca Área metropolitana.

·       Derlle resposta aos problemas dos nosos veciños, especialmente dos mozos e mozas, dos problemas de acceso á vivienda que está a converterse nun artigo de luxo que expulsa aos mozos de Oleiros. Para combatir isto solicitamos orzamentos que poñan en marcha un plan de Vivenda de aluguer e de construcción de vivienda de protección autonómica.      

·       O ensino no noso Concello precisa da ampliación de colexios e creación de novos espazos, semptre de acordo ás previsións de aumento de poboación e solicitamos facer actuacións de mellora da eficiencia enerxética dos centros.

·       A sanidade precisa, ante todo, ampliación da dotación de persoal dos servicios de atención primaria.

·       Solicitamos a mellora de seguridade viaria en O Couto estrada autonómica AC-173, na que Xunta e Concello pásanse a pataca quente e non resolven o problema de seguridade dos veciños.

·       Pedimos tamén en políticas sociais dotar económicamente o servicio de valoración e xestión da Dependencia para axilizar a tramitación e concesión das axudas, e a creación de centros de día e de residencias públicas de acordo ás necesidades da nosa poboación.

·       E por último solicitamos inversión da Xunta para a mellora da rede se saneamento e de abstecemento de acordo ás previsións de aumento de poboación».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario