«Pacto de lobos» en Ponteceso

Son moitos os cidadáns do noso municipio os que falan, xa fai meses, dun posible pacto entre partidos para gobernar en dúas etapas o Consistorio.Un dos novos partidos con representación presentouse as municipais vendéndolle a moto os votantes co conto de que endexamais pactarían con ningún dos partidos convencionais, unha de moitas promesas que non cumpriron, xa que iso de agasallar a súa bendición para conformar un goberno bipartito para despois bloquear a gobernabilidade dende a oposición nin parece ético nin é bo para a saúde política dun Concello que leva xa case unha década endebedado e bloqueado. La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es WhatsApp-Image-2023-11-02-at-14.15.51.jpgCo mazo dando e a Deus rogando. Resulta curioso apoiar a investidura do novo alcalde para despois manterse na oposición criticando, con moita delicadeza, todo o que non se puido facer aínda na nosa localidade por falta de tempo ou por falta de fondos públicos. Algúns veciños/as falan dun posible pacto que permita o relevo no Goberno do anterior alcalde co apoio desas oposicións que suman máis asentos que o actual goberno local. Sentímonos decepcionados con aqueles representantes que prometeron xusto aquelas cousas que agora están facendo xusto o revés e isto é rirse da xente. A responsabilidade brila pola súa ausencia xa que Ponteceso merece un Goberno forte e sen fisuras que resolva os graves problemas eternos do municipio como as inundacións, o abandono das parroquias, a falta de aparcamentos, as estradas a medio arranxar ou aquelas vías públicas intransitables, entre outros cen asuntos de gravidade ademais das débedas. Apresuráronse en poñerse grandes soldos, correron a abrir a caixa dos cartos, aceleraron para poñerse na primeira fila para coller asento no goberno local pero a casa sigue sen barrer. A seriedade da que UCIN Ponteceso insistiu tanto na campaña electoral, agora faise visible ante todos e todas. Seriedade e responsabilidade é o que precisamos nun futuro a curto prazo e cara a ese futuro mellor remaremos.
Comparte éste artículo
No hay comentarios