O Concello da Coruña impulsa o convenio co MITMA que aportará 9 M€ para a nova Intermodal

por Redacción A Coruña

O Goberno municipal aprobou hoxe, en Xunta de Goberno Local, o texto do convenio entre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) e o Concello da Coruña para o financiamento da Estación Intermodal

A subvención nominativa, comprometida pola ministra Raquel Sánchez na súa última visita á Coruña, forma parte das achegas do MITMA contempladas no Programa para a implantación de Zonas de baixas emisións e a transformación do transporte urbano e metropolitano.

O texto do convenio aprobado esta mañá permitirá, unha vez asinado, a transferencia dos 9.092.000 euros estatais á entidade local para a súa achega á construción da Estación Intermodal. Deste xeito, o Concello non terá que asumir con fondos propios o investimento, corrixindo a falta de reparto de fondos europeos Next Generation da Xunta de Galicia, que si emprega recursos europeos para a súa parte da obra mais que non asignou a cidade cantidad algunha para facer fronte á parte municipal dos traballos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario