Elena Candia: “O PP levará ao Concello e ás Cortes Xerais a súa proposta de reconverter o edificio de Obras Públicas na futura Comisaría da Policía Nacional”

por Redacción Lugo

Arroupada por deputados e senadores, e outros cargos orgánicos, a popular segue sumando apoios para que o Goberno acepte esta iniciativa respaldada pola Xunta, por colectivos do tecido asociativo lucense e por sindicatos vinculados ás forzas de seguridade

  • A iniciativa resposta, dixo, «á vontade de política útil, á hora de buscar propostas como posibles solucións»; de aí que, «se esta ubicación non encaixa por razóns técnicas e incluso por decisión política», a popular tamén pide que «se acote outro emprazamento para manter o compromiso que asumimos cos lucenses de cobertura na zona norte»
  • Barreiro gabou «a valentía» da popular por «poñer enriba da mesa unha solución útil aos lucenses», logo de que Pedro Sánchez non fose quen de darlle continuidade ao proxecto de construción que deixara encamiñado Rajoy
  • O senador critica que o BNG veña a Lugo «e venda fume» e o PSOE apoie esa decisión, pois no acordo asinado, non só «non hai nada novo», senón que «alguén está mentido», xa que con respecto ás promesas das autovías o Goberno vén de trasladar por escrito que non ten data de finalización para a de Santiago nin para o impulso da de Ourense
  • Os populares convidan aos lucenses a manifestar este domingo, diante da Subdelegación, «e dunha forma totalmente pacífica», o rexeitamento «ao producido onte que é un atentado contra a igualdade de todos os españois» 
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario