O PSdeG provincial da Coruña condena o ataque á sede socialista de Vimianzo

por Redacción A Coruña

Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, condena “o ataque contra a sede dos socialistas de Vimianzo”, que apareceu esta mañá con pintadas.

Fernández considera que este “non é un ataque ao PSOE, senón á democracia”. “Actos así son inadmisibles nunha sociedade democrática”, engade. 

Os socialistas fan un chamamento a poñer fin “aos discursos de odio que fomentan comportamentos hostís contra os partidos políticos democráticos e os seus membros”. 

“As discrepancias e as diferenzas políticas nunha sociedade aberta e respectuosa hai que abordalas sempre a través do diálogo e da comprensión, afastándonos dos comportamentos irracionais que debemos enfrontar e rexeitar dende todas as institucións para protexer os valores democráticos da sociedade”, remata o PSOE.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario