O Partido Popular afirma que é o momento de unir forzas para crear a marca de “Lugo, Cidade Universitaria”

por Redacción Lugo

Ante as declaracións do reitor da USC, os populares valoran positivamente o estudo do plan de titulacións e propoñen a implicación do Concello para aproveitar esta oportunidade  en beneficio da cidade.

O estudo do plan de titulacións supón unha nova oportunidade para potenciar o Campus de Lugo e para que se convirta nun revulsivo da cidade. É por isto que os populares ofrecen toda a colaboración para conquerir que as diferentes administracións traballen da man en beneficio da cidade. O Concello de Lugo debe liderar un plan encamiñado a facer da cidade un referente das cidades universitarias.

Faise preciso tomar medidas encamiñadas a captar alumnado en todos os niveis, grao, máster e doutoramento e buscar sinerxias con outras ofertas educativas, como pode ser a Formación Profesional, de forma que a educación constitúa un motor para a cidade.

Facer de Lugo unha “CIDADE UNIVERSITARIA”, cunha ampla dotación de servicios é fundamental para atraer a novos estudantes e conquerir que as novas xeneracións optén por Lugo para desenvolver os seus estudos e iniciar o seu proxecto de vida.

O Campus de Lugo é un referente en moitos aspectos, o corpo de investigadores do Campus Terra acadou no ano 2021 a acreditación de campus de especialización, proxectos como Xuvenciencia ou os numerosos estudos que se están a desenvolver con éxito poñen en valor unha institución que debe ser o semente para impulsar a Lugo como Cidade Universitaria. É por isto que se fai precisa a colaboración das diferentes administración e a Universidade, de forma que se poña en valor o alto nivel formativo que se imparte e se potencien as fortalezas das que dispón o campus.

O Partido Popular quere amosar o seu apoio para este proxecto ao tempo que demanda ambición á hora de afrontar este período de facendo do Campus de Lugo un revulsivo económico e social da cidade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario