As xornadas «Mocidade, drogas e condución» en Lugo trasládanse ao 17 e 18 de xullo polo mal tempo

Por causas meteorolóxicas adversas, a programación das xornadas de sensibilización «Mocidade, drogas e condución» sufriu un cambio de datas. A actividade trasládase finalmente a esta fin de semana, concretamente ao venres 17 e sábado 18 de xullo, en horario de 16:30 a 21:30 horas, na praza maior de Lugo.

O obxectivo desta iniciativa gratuíta e aberta é concienciar aos mozos e mozas sobre os perigos do consumo de alcol e outras substancias ao volante. Para iso, os asistentes poderán comprobar en primeira persoa e sen correr ningún risco, grazas a diversos simuladores de condución, como se reducen os reflexos e a capacidade de reacción baixo estes efectos.

Dende a organización animan a toda a mocidade de Lugo a achegarse á praza maior durante estas dúas xornadas para participar, aprender e comprometerse cunha condución segura e responsable.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios