A AC Entroido As Bonitas de Sande organiza a súa III Andaina de Magosto
Tras ter que retrasar a nosa Andaina planificada para o día 4 de novembro por mor das condición climatolóxicas, a Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande retoma a camiñata para o día 18 de novembro. Unha iniciativa que se marcou a entidad eco fin de ir máis alá do Entroido e dinamizar en todo o que estivese nas nosas mans o noso pobo, Sande, e toda a riqueza coa que conta esta parroquia do Concello de Cartelle.
Nesta terceira edición, nuevamente, os camiñantes poden escoller entre tres percorridos circulares e rematar cun xantar a base de churrasco, bica e castañas. A saída será dende o local social de A Xesteira ás 10,00 horas, para a ruta longa, e ás 10,30 horas para a curta.
Entre esas opcións está a Ruta do Río Gato, o roteiro máis coñecido. Trátase dun percorrido de ao redor de 5 km. de dificultade alta, recuperado alá polo ano 2007/08 por iniciativa da Comunidade de Montes de Sande, a través da consellería de Medio Rural e a colaboración dos veciños. Este sendeiro pasa por antigos muíños, pequenas fervenzas e fermosos miradores naturais que forma o canón do río Gato, que a continuación une as súas augas ao río Arnoia.
A este sendeiro dende a Asociación traballamos para engadir outra ruta máis que se pode facer soa ou enlazando coa anterior: a do Castelo, de ao redor de 9 km. e de dificultade baixa. “Castelo” para todos os veciños da contorna, torre á vista dos fóraneos. Nesta ruta pasamos por devandito monumento, declarado Ben de Interese Cultural, BIC, e que se atopa en grave estado de deterioro, estando na “Lista vermella de patrimonio”, as pedras de Rosende, veredas marcadas por muros de pedra, as augas azuis da canteira (privada) ou os pequenos núcleos rurais de A Teixugueira e Madarnás son outros lugares de paso antes de unirse á ruta do Río Gato, ou acortar por unha pista de regreso ao pobo.
Así, os que se animen a asistir podera facer unha destas dúas rutas, ou ambas unidas.
Para os participantes haberá dous avituallamentos antes de gozar do xantar e da foliada que terá lugar nun entorno único, as adegas de Mogos, espazo onde os nosos antepasados elaboraban o viño recollido dos bancais que descendían cara o río Gato.
A data límite de inscripción é o mércores, día 15 de novembro, e poderá facerse a só a ruta (3€) ou a ruta co xantar (15€).