Máis de 300 estudantes lucenses seguiron a charla de Cata Pollini na sede da Xunta dentro do ciclo ‘Luz ao deporte’

por Redacción Lugo

Uns 320 alumnos e alumnas dos IES lucenses Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoán Montes, Ánxel Fole e do CIFP Politécnico asistiron hoxe á charla ofrecida por Cata Pollini, Team Manager do Ensino, dentro do ciclo Luz ao deporte, que organiza por segundo ano a Fundación Breogán coa colaboración do Goberno galego

Cata Pollini, que brillou no baloncesto internacional e xogou no Ensino, falou na Delegación Territorial da Xunta da súa traxectoria profesional e das súas vivencias persoais. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, tamén asistiu ao acto.

O ciclo Luz ao deporte busca achegar á mocidade a deportistas de primeiro nivel que lles poidan transmitir valores e actitudes que teñan un impacto positivo na súa educación. Esta edición xa contou coas intervencións do ex-xogador de baloncesto Sergi Grimau e o adestrador do CD Lugo, Pedro Munitis. Completarase coa participación de Veljko Mrsic, adestrador do Breogán.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario