Os populares presentan unha nova proposta para minimizar os perxuizos ao comercio local e mellorar a estética da zona onde as construtoras colocaron mallas que fan de pantalla nas vallas de obra
O Partido Popular presenta unha proposta para contribuir a minimizar o impacto dos perxuizos das obras do casco histórico no comercio local solicitando que “as lonas oscuras que cubren as vallas que colocaron as empresas construtoras, e que ocultan os negocios, se customicen cos logotipos ou imaxes corporativas dos establecementos afectados”.
Os populares urxen para que o concello facilite estas lonas decorativas en rúas como a do Gran Teatro onde se están levando a cabo os traballos de peonalización “estes elementos fan de pantalla desincentivando a entrada nos establementos e os comerciantes están preocupados porque empeza a campaña de Nadal, unha das máis importantes do ano e temen unha baixada da facturación”.
No ROGO que os populares presentan a comisión indican que “se poña a disposición dos establecementos afectados a substitución das lonas opacas por outras impresas cos logotipos e/ou a imaxe corporativa dos locais que quedan ocultos por mor das obras de peonalización do casco histórico”.
“Con esta proposta se melloraría a visibilidade dos negocios xa que se lles identificaría de forma máis doada e ademáis se melloraría a estética da contorna urbana da zona”.