Maña día 17, e continuando co plan de mobilizacións que se acordara en asemblea de
traballadores o día 10 de outubro, logo de que as administracións se negaran a acudir á reunión
prevista para o día anterior, terá lugar unha manifestación polas rúas de Compostela, con saída
dende San Caetano e remate na praza do Obradoiro, onde se sitúa o despacho do Presidente da
Xunta de Galicia.
O percorrido, que está previsto que comece ás 12:00h, transcorrerá por Xoán XXIII, avenida de
Coimbra, San Roque, Costa das Rodas, Aller Ulloa, Virxe da Cerca, Ensinanza, Tránsito da Mercé,
Fonte de Santo Antonio, Senra, Campo da Estrela, Porta Faxeira, Bautizados, Toural, Rúa do Vilar,
Praza das Praterías, Rúa de Fonseca e Praza do Obradoiro.
Ao acto confirmaron asistencia Bombeiros doutras comunidades españolas e por suposto será
apoiado tamén por bombeiros municipais de Galicia. Outros colectivos de emerxencias que
confirmaron asistencia son os da Central de atención de Urxencias Médicas 061, ou da Central de
Emerxencias 112 Galicia, compañeiros das ambulancias, e tamén membros de Grupos de
Emerxencias Supramunicipais.
Ao finalizar o percorrido, e sempre que as restricións policiais que vimos padecendo nas últimas
concentracións nolo permitan, está previsto facer unha simulación de como un bombeiro pedindo
esmola a un político é queimado por este cando lle cuspe lume como resposta á mendicidade
daquel. Despois procederase á lectura do correspondente manifesto.
Lembrar que dende o día 25 de setembro, o Comité de Folga de bombeiros segue tentando que se
reabra a vía da negociación, descoñecendo o motivo do férreo bloqueo que están a amosar Xunta
e Deputacións.
“Que a nosa loita sexa a súa vergoña”
Venres 17, manifestación polas rúas de Compostela dos Bombeiros Galegos
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario