- Pese a este resultado dende o Grupo Popular agarda que “as explicacións e os razoamentos da exposición desta proposición lles fagan reflexionar e rectificar”.
- Dende o PP explican que dende que se rexistrou a iniciativa, con data de 7 de novembro, o goberno local reaccionou intensificando contactos coa veciñanza, enviando axentes da policía para mellorar o tráfico na zona centro ou desbloqueando as liñas de autobuses para os centros educativos do recinto amurallado que comprometeran en setembro
SOLILOQUIOS DA ALCALDESA
- Unha vez máis o pleno transcorre sen que o goberno local adopte ningún tipo de responsabilidade e a alcaldesa volve a corrixir aos seus voceiros con soliloquios que duran máis tempo que as intervencións tanto dos ponentes da iniciativa como dos voceiros que ela mesma designa.
- Houbo no desenvolvemento do pleno varios momentos que reflicten que a alcaldesa vive fóra da realidade e que os seus argumentos non se sosteñen. O máis chamativo foi a comparativa que fixo a alcaldesa dunha obra da magnitude das que se realizan no casco histórico co cambio dunha bañeira por un plato de ducha.
- Tamén nos intranquiliza que o goberno local reduza a “escoita activa” ao que lle trasladan os directivos dun gran hospital privado do centro en vez de atender ao pequeno comercio que ten que convivir e sobrevivir a estas obras.
PUNTOS DE ACORDO DA INICIATIVA
Os populares agardan que, ainda que socialistas e nacionalistas votaron en contra a esta proposición, lles sirva para reflexionar xa que os puntos de acordo son para mellorar a convivencia dos residentes e os negocios con estas obras.
Os acordos da proposición son INFORMACIÓN TRANSPARENTE DAS:
– MODIFICACIÓNS, sobre os proxectos redactados
– Os axustes no TRÁFICO RODADO, cunha SINALIZACIÓN eficaz e actualizada.
– A AVALIACIÓN dos DANOS PRODUCIDOS nas infraestruturas existentes, e a súa REPARACIÓN.
– Fórmulas de ESTACIONAMENTOS ALTERNATIVOS
– Previsións sobre a futura a xestión do TRÁFICO PEONIL e RODADO intramurallas
Os populares tamén propoñían:
Estudar COMPENSACIÓNS fronte aos PERXUICIOS causados ás actividades económicas e á veciñanza
CONSTITUÍR, unha MESA DE COORDINACIÓN DAS OBRAS