Mar Carballas: “Se este sistema estivese operativo facilitaría a supervisión dos vehículos non autorizados a acceder á zona centro”
O goberno local fixo obras en sete puntos do casco histórico para implantar un sistema de control de acceso para vehículos non autorizados mediante a lectura de matrículas.
O contrato da adxudicación deste mecanismo polo que os lucenses pagamos 253.744,99 € ten data do 8 de xaneiro de 2020 e conta cunha garantía de 5 anos que remataría no 2025. Os dispositivos montáronse e probáronse hai máis dun ano (abril de 2022) pero as cámaras nunca estiveron operativas.
Este proxecto de renovación do sistema de control de acceso con cámaras é outro exemplo dos proxectos fallidos do goberno local de Lugo que derrocha en obras que fracasan e que non son capaces de poner en marcha por falta de xestión.
Mar Carballas: “a alcaldesa vendeu un mecanismo moderno para substituir aos antiguos bolardos, probou o sistema (abril de 2022) pero non foi quen de poñenlo en marcha”.
A concelleira popular concluía “onte dicía a alcaldesa que iba a poñer axentes para controlar a entrada de vehículos ao recinto amurallado. Non houbera sido moito máis lóxico ter operativo este sistema de control de acceso con cámaras, xa pagado e instalado?