Alexandre Penas: “Reclamaremos á Xunta que execute os investimentos necesarios no Colexio da Ponte”

por Redacción Lugo

Penas: “Trátase de investimentos necesarios para o centro, reclamaremos á Xunta que garanta unhas condicións axeitadas nos colexios de Lugo”

O Goberno de Lugo reclamará á Xunta de Galicia que efectúe os investimentos necesarios no colexio da Ponte. Na xornada de onte, celebrouse unha xuntanza da Comisión de Infraestruturas, na que o grupo do Partido Popular reclamou unha serie de actuacións no centro, «que requiren de investimentos, e polo tanto corresponden á Xunta», explicou o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que «no caso dos colexios públicos, o Concello de Lugo é responsable das pequenas actuacións de mantemento, mais os investimentos e as melloras das instalacións corresponden á Xunta de Galiza».

O Goberno de Lugo trasladará as actuacións necesarias neste centro para garantir as mellores condicións para o estudantado e o profesorado. Alexandre Penas declarou que «agardamos que o PP de Lugo reclame tamén ao Goberno Galego que execute estas actuacións no menor prazo de tempo posible».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario