Besteiro chama á “loita constante” contra a violencia machista e reclama que “tódolos días do ano sexan un 25N”

por Redacción Galicia

O candidato socialista á presidencia da Xunta pide “darlle a espalda” ás políticas negacionistas da dereita e da ultradereita “dende o convencemento, o compromiso e a firmeza”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, fixo un chamado á “loita constante” contra a violencia de xénero e emprazou a facer que “tódolos días do ano sexan un 25N”. Así o dixo nun acto con motivo do Día Internacional contra a violencia machista que tivo lugar en Gondomar.

O responsable socialista chamou a “darlle a espalda” ás políticas negacionistas da dereita e a ultradereita, que buscan impoñer “que non hai violencia de xénero e que non pasa nada”, e pediu facelo “dende o convencemento, o compromiso e a firmeza”.

Gómez Besteiro sinalou que 68 mulleres galegas teñen morto “por ser mulleres” como vítimas da violencia machista dende que hai estatísticas, e reclamou un esforzo continuo e “facer investimentos como o goberno de Pedro Sánchez”, que dende o ano 2018 ten transferidos máis de 60 millóns de euros a Xunta e concellos.

O tamén deputado no Congreso participou nun acto organizado en Gondomar con motivo da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, no que tomaron a palabra as estudantes do Instituto de Gondomar para ler un Manifesto institucional. No acto participaron tamén o alcalde da localidade, Francisco Ferreira, e o secretario provincial e deputado no Congreso David Regades.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario