O domingo 26 de novembro ás 18 horas no Centro Cultural Helios de Bembrive, nun concerto aberto ao público gracias á colaboración do Concello de Vigo
O domingo a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, festexa Santa Icía, patroa da música, cun concerto que terá lugar no Centro Cultural Helios de Bembrive, gracias á colaboración do Concello de Vigo.
Ás 18 horas deste domingo 26 de novembro actuará, en primeiro lugar, a sección Infantil, composta por nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade, baixo a dirección de Raquel Fernández. E a continuación, a sección Xuvenil, dirixida por José M. Fernández. Ambas agrupacións tocarán un ameno repertorio composto por obras tradicionais e de recoñecidos compositores como Tchaikovsky, Schubert, Elgar, Mozart ou Handel.
Non é un concerto máis adicado á patroa da música. Para algúns membros da Orquestra é a súa posta de longo entre os atrís da Kv2211, en especial para os de menor idade que acaban de incorporarse e viven estos días momentos especiais.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Este concerto forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo.
O próximo Concerto de Nadal terá lugar no Auditorio Martin Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo o domingo 17 de decembro ás 12 horas.