Bernardo Fernández: “A Conselleia de Infraestructuras ocultou os informes que demostran a presenza de norovirus no río Mendo”

por Redacción A Coruña

Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG Provincial, esixe «responsabilidades» á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia «por ocultar os informes que demostran a presenza de norovirus no río Mendo».

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, fixo público onte un informe do Seprona, con datos de Augas de Galicia que reflicten que o río Mendo tiña norovirus durante o brote de gastroenteritis que afectou ao concello, ademais de erros no funcionamento das depuradoras de Oza-Cesuras e Curtis.

«Púxose en risco a saúde dos veciños e veciñas de Betanzos», lamenta o secretario xeral dos socialistas da provincia, que lembra «as continuas peticións deses informes por parte do concello», que sempre defendeu que o brote de gastroenteritis procedía do río e non da rede municipal.

«Como dixo onte a alcaldesa de Betanzos, mentir por motivos políticos nun tema como este é moi grave, a consellería ten que asumir responsabilidades», engade Fernández.

Os socialistas da provincia, ao igual que afirmou onte o concello, consideran «gravísimo» que a Xunta ocultase información nun caso de saúde publica, que ademais tivo un impacto de 800.000 euros para Betanzos.

Foto, Guías masmar

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario