Os socialistas presentaron, en conxunto coa concelleira do BNG e a concelleira non ascrita, unha solicitude de pleno extraordinario para que o alcalde rinda contas sobre este asunto. A solicitude representa polo tanto á totalidade da oposición ao Goberno local do PP na corporación municipal.
A voceira socialista en Oza-Cesuras e concelleira Laura Sánchez Couceiro achaca esta contaminación ás “posibles deficiencias da depuradora e ós posibles efectos da contaminación que sufriu o suministro de auga en Betanzos o pasado verán”.
Ante a publicación na prensa de que un informe do Seprona sinalaba a detección de norovirus no Río Mendo, a oposición en Oza-Cesuras consensuou a solicitude de pleno extraordinario.
A solicitude indica que o Seprona tería solicitado ao Concello información que estes non achegaron, a pesar de detectar “bastantes deficiencias”. O texto califica o asunto como “de máxima gravidade por afectar ó medio ambiente, á auga e á saúde pública” no municipio.