Sumar Galicia presentará no próximos días a súa comisión promotora, un equipo que será “diverso, competente e plural; e que comparte o desexo dun cambio de goberno que permita inaugurar o país que está por vir”
Sumar Galicia acusa ao PP de Feijóo e Rueda de asumir como propia a estratexia de tensión, descualificacións e impugnación do marco democrático da ultradereita, coa designación de Miguel Tellado como portavoz do PP no Congreso. O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, afirmou que Tellado é “o portavoz escollido polos axentes mediáticos máis reaccionarios”. Para a formación galega, “a ultradereita está a liderar unha reacción á que non lle importan a democracia nin as liberdades”. Neste sentido, López sinalou que “para non quedaren descolgados dese liderado, os de Feijóo escollen asumir as súas teses e designan como portavoz a unha persoa cuxa traxectoria en Galicia se resume en insultos, soberbia e intimidación”. Para Sumar Galicia, Tellado é sinónimo de “antiparlamentarismo”.
O portavoz de Sumar Galicia criticou duramente o “reality show que montou o Partido Popular de Alfonso Rueda” na entrega de vivendas públicas “logo de 14 anos de inacción”. “No PP están nerviosos ante a evidencia do cambio político que vén e tratan de ocultar a súa incompetencia como xestores”, asegurou López, quen adiantou que a vivenda será “un elemento central na acción política de Sumar Galicia e no país que estamos a construír”. O portavoz de Sumar lembrou que Galicia é a comunidade autónoma na que máis incrementou o prezo da vivenda no último ano e asegurou que “fronte ao modelo da especulación, Sumar Galicia aposta polo modelo dos dereitos”.
López amosouse preocupado pola posibilidade dun pacto do PP de Galicia con VOX e asegurou que “fronte ao negacionismo da violencia machista dos socios de Rueda, temos que seguir implementando o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero”. Asemade, esixiulle á Xunta de Galicia que a loita contra as violencias machistas sexa para o goberno galego unha prioridade política. O portavoz asegurou estar seguro de que “se neste país precisan dos votos de Vox para manter o goberno, van facer o mesmo. Por iso é imprescindible que as forzas galegas democráticas e de progreso vaiamos con forza ás vindeiras eleccións e sexamos quen de formar un goberno á altura das galegas e galegos”.
López asegurou estar convencido de que “as galegas e galegos saben que xa estamos traballando para presentar a alternativa da política útil co obxectivo de gobernar Galicia”. Nos próximos días faranse públicos os nomes das persoas que compoñen a comisión promotora de Sumar Galicia. Un equipo que anticipan será “diverso, competente e plural que comparte o desexo dun cambio de goberno que permita inaugurar o país que está por vir”. Para Sumar Galicia, o futuro do país pasa por situar as políticas transformadoras de Sumar tamén no goberno galego. E para iso, iniciarán o proceso de escoita este sábado, día 2 de decembro, na cidade de Ourense.
Eso de «diverso ,competente y plural » parece extraño porque nadie los conoce en Galicia y lo de competente suele
demostrarse antes de acceder a la política pero curiosamente no hay ninguno en activo.
Observando los cargos (de SUMAR ) que ocupan a nivel nacional ,la mayoría son personajes que no han trabajado nunca en nada ni cotizado más de un año .Basta observar el historial de sus dirigentes nacionales para saber que su experiencia profesional es nula por tanto en lugar de iniciar «un proceso de escoita» en Orense el sábado ,debieron de presentarse como aspirantes indicando su historial y antecedentes.
No crean que están descubriendo un nuevo Pais porque eso no se lo creen ni Vdes.