Deputación e Concello da Coruña firman un convenio para o uso municipal dos polideportivos do IES Puga Ramón e do IES Rosalía Mera

por Redacción A Coruña

Con este acordo autorízase a utilización de ambas instalacións deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas municipais

O deputado de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, e o concelleiro de Fomento e Promoción da cidade do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades para a utilización dos polideportivos do I.E.S. Ramón Puga e do I.E.S. Rosalía Mera por parte do Concello para o desenvolvemento de actividades deportivas municipais.

Deste xeito, a Deputación cede ao Concello o uso destes dous pavillóns polideportivos dos que é titular para a realización das actividades deportivas a través das Escolas Deportivas Municipais.

Este convenio tivo no exercicio anterior unha excelente aceptación entre as entidades e clubes do tecido deportivo da cidade. Grazas a este acordo é posible ampliar a oferta de usos de instalacións deportivas do termo municipal e, ademais, contribuir a fomentar o deporte e a ocupación do lecer e do tempo libre entre a poboación da cidade, incentivando tamén o deporte base e de competición.

Con este convenio ponse así en disposición do Concello o uso das dúas instalacións deportivas para que a cidadanía da Coruña poida facer uso das mesmas a través das actividades municipais.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario